|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETECIAS PROFESIONAISmar, 29 de marzo de 2011
Resolución do 17 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia da área de atención sociosanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOE (publicada 28 de marzo de 2011)
Esta resolución ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, aprobada polo Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro; e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, aprobada polo Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro, incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, no marco do artigo 8º da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, e ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.
As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
Puntos de información. 1. A Consellería de Traballo e Benestar garantirá un servizo aberto e permanente que lles facilite información e orientación a todas as persoas que o soliciten.
-Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. -Nos centros propios de formación profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar. -Na Fundación Galega da Formación para o Traballo. -No Instituto Galego das Cualificacións.
3. En cada punto de información existirá polo menos un/unha profesional (orientador/a ou técnico de formación/emprego) designado pola Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento destas funcións.
Os interesados deberán presentar a solicitude no modelo que figura no anexo III desta resolución, e que tamén se poderá xerar da páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballoebenestar.xunta.es. Unha vez cuberta, preferentemente en soporte dixital, esta solicitude deberase imprimir para a súa presentación.
|
|||