castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Emprego / Desenvolvemento .:. BANCO DO TEMPO DE TOURO

BANCO DO TEMPO DE TOURO


INFORMACIÓN E CONTACTO

   Mª Elena Barreiro Paz

  e-mail: vilarbarreiro@yahoo.es

  Teléfono: 981.50.40.29

  Máis Información:bancodetempodetouro.blogspot.com

DESTINATARIOS

O Concello de Touro ven de por en marcha entre os seus programas de conciliación “O Banco de Tempo”.

 Calquera veciño de Touro pode inscribirse no Banco de Tempo, sólo ten que pasar polo Concello, para facer unha enquisa persoal coa persoa responsable do Banco, María Elena Barreiro Paz, ou chamando ó telefono 981 50 40 29, para concertar unha cita.

¿EN QUE CONSISTE? 

É un Banco que funciona sen cartos, a súa moeda de valor é o Tempo. Aberto a homes e mulleres. Unha persoa deposita unhas horas do seu tempo ofrecendo un servizo que desexa dar, e a cambio, solicita tempo doutra persoa para resolver necesidades o actividades da vida cotiá. É un  intercambio de forma gratuíta de habilidades e servizos entre a poboación.

 SERVICIOS PARA INTERCAMBIAR

O ábaco do que se pode intercambiar intenta ser  moi amplo.

-         Facer a compra.

-         Acompañamento de nenos o anciáns.

-         Axuda cas tarefas escolares o de ordenador.

-         Axudar en pequenas limpezas.

-          Coidar animais ou prantas.

-         Actividades de lecer.

Son sólo exemplos de posibles intercambios.

BENEFICIOS 

Compartir experiencias, aprender algo novo e coñecer xente son algúns dos beneficios que se poden obter.

Cada socio do Banco dispondrá dun talonario que utilizará no momento que use o seu tempo a favor doutra persoa, e informará mensualmente do tempo utilizado e recibido. Periodicamente recibirán o estado da súa “Conta Corrente” e unha lista dos servizos que se poden intercambiar.

INVIRTE EN TEMPO , E GAÑARAS BENESTAR

¡APUNTATE XA!

 fondo social         logo  logo banco     


escudo