castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Emprego / Desenvolvemento .:. 2º Exercicio praza educador/a familiar

2º Exercicio praza educador/a familiar


mar, 31 de xaneiro de 2012

ACTA DE REALIZACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA OPOSICIÓN PARA

CUBRIR A PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR     

 Na Casa do Concello de Touro, sendo as once horas do día trinta e un  

de xaneiro de dous mil doce, reúnense os membros do Tribunal constituído

para valorar as probas selectivas dos aspirantes a cubrir a praza de Educador/a

familiar do Concello, a efectos de realizar o segundo exercicio da fase

de oposición, conforme ao establecido na base novena da convocatoria:      

      - Presidente:     D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario do Concello.    

     - Secretario.:     D.  Carlos J. Méndez-Losada Abalo, Secretario do Concello de Vedra.    

        - Vocais…….:      Dª. María Cruz Toande Ramos, Educadora Familiar do  Concello do Pino.   

                                 Dª. María Cruz Andrade García, Secretaria do Concello de Melide.         

                           Dª. Olga Dourado González, Secretaria do Concello da Baña.   

         O señor presidente declara iniciado o acto e seguidamente procédese a realizar

o segundo exercicio da fase de oposición, consistente en desenvolver por escrito dous

temas elixidos polo tribunal da parte específica do Anexo I das bases da convocatoria,

chamando aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio. Non comparecen

 D.ª María Pereira Boquete, D. Julio Torneiro Fernández e Dª. Paula Prados Caamaño.   

         O Tribunal elixe os temas da parte específica números 14: “A violencia de xénero:

 definición, características, tipos e consecuencias” e 20: “O sistema familiar:

estrutura e funcións. O ciclo vital familiar”, que os opositores deberán desenvolver 

 nun tempo máximo de dúas horas.Rematado o exercicio, o Tribunal procede a súa

cualificación co seguinte resultado:  

          Apelidos e nome                                                          Puntuación

González Mujico, María Nieves........................................................ 18

Méndez Blanco, Sonia ....................................................................10

Quelle Quelle, Samuel ...................................................................  0

López González, Xabier ................................................................   0           

  Á vista das puntuacións obtidas e sendo o exercicio obrigatorio

e de carácter eliminatorio, aproban o segundo exercicio os aspirantes seguintes:        

                 Apelidos e nome                                                     Puntuación 

González Mujico María Nieves........................................................  18

Méndez Blanco, Sonia ................................................................... 10        

     O Tribunal acorda publicar a relación de aprobados pol orde de puntuación

obtida no Taboleiro de edictos e na páxina web do Concello (Sección emprego)

e convocar aos aprobados para a realización do terceiro exercicio ás doce horas

e trinta minutos do día tres de febreiro de 2012.        

    O señor Presidente da por finalizado o acto sendo ás trece horas e cincoenta

e cinco minutos, levantándose a presente acta que subscriben os membros do

Tribunal, de que eu, Secretario, certifico.     






Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo