|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE TOUROlun, 21 de marzo de 2011
VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA " TOURO EN IMAXES"
BASES DO CONCURSO
PRIMEIRA Poderán participar no presente concurso todos as persoas que teñen afición pola fotografía , sexan profesionais ou non.
SEGUNDA Tódalas imaxes presentadas pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal, e poderán ser explotadas, divulgadas ou reproducidas, citando sempre o nome do autor ou autores.
TERCEIRA No caso de que se presenten ao concurso fotografías que reflictan imaxes que identifiquen ou sexan susceptibles de identificar a persoas físicas, o participante que as presente deberá enviar un documento escrito asinado por este participante, en virtude do que se compromete e obriga a obter o previo e expreso consentimento das persoas das cales as súas imaxes se reflicten nestas fotografías.
CUARTA O tema das obras a presentar pode ser calquera relacionado con Concello de Touro: natureza, patrimonio histórico-cultural, personaxes.
QUINTA O prazo de admisión remata o 20 de setembro de 2011.
SEXTA As fotografías deben presentarse no Concello de Touro (Fonte Díaz s/n)
SÉTIMA Entregaránse seis premios distribuído da seguinte maneira: A entrega de premios realizarase nun acto coa data, lugar e hora comunicada a tódolos presentados oportunamente.
OITAVA A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
|
|||