castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Cultura .:.

Biblioteca Municipal


 

BIBLIOTECA MUNICIPAL NEIRA VILAS 

 

 

Á disposición dos veciños temos un gran surtido de libros para todas as idades e libros de consulta ademais de revistas, periódicos, material audio-visual, películas infantís...do que vostede pode dispor gratuitamente para ler ou traballar.

Ademais é un centro de actividade cultural, un multi-espazo informativo, educativo e lúdico,permanentemente aberto a tódolos habitantes do noso concello. Coa axuda de todos colaboramos na extensión cultural e na formación permanente por medio da lectura.

Realízanse préstamos de libros a todo o público o único requisito é o de ser socio da biblioteca, é dicir ter un carné de socio cos datos de cada persoa o cal se pode solicitar na propia biblioteca.

Atópase na planta baixa do edificio do concello.

 

 

HORARIO:

 

De luns a Venres -------- mañá :  9:00 a 14:30

                                    tarde: 16:00 a 20:00

 

Sábados ------------------ mañá : 11:00 a 14:00

 

             

ACTIVIDADES REALIZADAS NO 2007

 

 

 

A nosa biblioteca traballa na atención ás demandas culturais e informativas da cidadanía e por iso a parte de ofrecer o seu fondo bibliográfico e audiovisual realiza distintas actividades socioculturais, de animación á lectura, apoio e orientación a estudantes,...

 

 


♣ LECTORÍNS 2007

 

Un ano máis este concurso anima a cada vez máis veciños a utilizar este servizo converténdose nun aliciente á lectura cada vez maior . Os concursantes teñen que cubrir unha sinxela ficha despois da lectura de cada libro, e isto dálles opción de poder gaña-los premio.

O sorteo realizouse o día 31 de xaneiro de 2008 pola tarde na biblioteca municipal facendo unha merenda para todos os rapaces que asistiron e logo entregando os gañadores os seguintes premios:

o CATEGORÍA A: RAPACES EN IDADE ESCOLAR: Un lote de libros.

o CATEGORÍA B: O RESTO DOS LECTORES: Un lote de libros.

 

 

♣ DÍA 17 DE MAIO "LETRAS GALEGAS"

 

O sábado 12 de maio celebrouse o día das letras galegas, este ano homenaxeando a autora María Mariño. A Biblioteca organiza diferentes actividades cun carácter lúdico, xogos, merenda e concursos con agasallo para todos os participantes.


 

 

♣ ANIMACIÓN Á LECTURA COAS ESCOLAS UNITARIAS.

 

Sesións de animación á lectura que teñen como obxectivo achegar a estes rapaces á biblioteca facendo que a vivan como un lugar próximo e divertido.


 

 

§ SÁBADOS DE CINE

 

O último sábado dos meses da primavera e do verán celébrase na biblioteca sábados de cine onde se farán xogos, merenda e visionado de películas.

 

              

 


escudo