castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Perfil Contratante .:. Anuncio de contratación do Servizo de axuda no fogar

Anuncio de contratación do Servizo de axuda no fogar


mar, 05 de abril de 2011

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR 

1. ENTIDADE ADXUDICATARIA:

a) Organismo: CONCELLO DE TOURO.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

- Dependencia: Secretaría Xeral.

- Dirección: Fonte Díaz s/n.- 15822 – Touro.

- Teléfono: 981504029.

- Fax: 981504110

- Correo electrónico: correo@touro.dicoruna.es 

- Dirección de internet do perfil do contratante: www.concellodetouro.com

- Data límite para a obtención da documentación e información: Último día de presentación de proposicións.

2. OBXECTO DO CONTRATO:

a)Tipo: Servizos.

b) Descrición: Prestación do servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución: Concello de Touro.

d) Prazo de execución: Un ano.

e) Admisión de prórroga: Un ano.

f) CPV (Referencia de nomenclatura): 85300000-2, Servizos de asistencia social e conexos.

3. TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN:

a) Tramitación: Ordinaria.

b) Procedemento: Aberto.

c) Forma: Procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

4. PRESUPOSTO DE LICITACIÓN:

- Importe: 12,50 euros/hora de servizos prestados, excluído o IVE.

5. GARANTÍAS ESIXIDAS:

- Garantía provisional: non se esixe.

- Garantía definitiva: 10.000 euros.

6.- REQUISITOS DO CONTRATISTA:

- Clasificación: Non se esixe.

- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: A esixida nos pregos de cláusulas administrativas.

7. PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN:

a) As ofertas presentaranse no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (anuncio que tamén se publicará no Perfil do contratante), en días laborais de luns a venres e en horario de 9 a 14 horas.

b) Forma de presentación:

-  Presentarase en 3 sobre pechados titulados:

SOBRE A: Subtitulado “Documentación”.

Conterá a documentación esixida na cláusula 10ª do Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

Sobre B: Subtitulado “Referencias técnicas”.

Conterá a documentación esixida na cláusula 10ª do Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

Sobre C: Subtitulado “Oferta económica”.

Conterá a oferta económica axustada ao modelo da cláusula 10ª do Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

c) Lugar de presentación:

- Dependencia: Rexistro do Concello.

- Domicilio: Fonte Díaz s/n.- 15822- Touro.

- Dirección electrónica: correo@touro.dicoruna.es

8. APERTURA DE OFERTAS:

a) Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello.

b) Dirección: Fonte Díaz s/n.- 15822 – Touro.

c) Data e hora: Publicarase no Perfil do contratante.

9. GASTOS DE PUBLICIDADE:

- O adxudicatario estará obrigado a pagar os custos da publicación de anuncios nos diarios oficiais así como de prensa, ata un máximo de 1.800 euros.

Touro, 18 de marzo de 2011.

O ALCALDE, Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro






Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo