castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Comunicacións

A estrada principal que cruza o concello de Oeste a Leste é a comarcal AC240 que vai de Arzúa a Ponte Ulla. O tramo que vai dende Fonte Díaz e enlaza en Burres coa estrada nacional de Lugo a Santiago foi arranxado recentemente e a pesar das curvas que lle quedaron, permite unha circulación.


Unha estrada local comunica as parroquias da marxe do Ulla coas demais, é a que vai de Vilar a Merés. Outra estrada que pasa por Quión, vai dende o empalme de Santa Irene na estrada Santiago - Lugo e comunícase co Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) atravesando o río Ulla polo embalse de Portodemouros, ou pola antiga Ponte San Xusto que está un pouco máis abaixo do embalse. Pola parroquia de Vilar pasa a estrada que vai dende Ponteledesma a Santiago.

 


A capital do municipio está ben comunicada, tanto con Santiago de Compostela coma co resto das parroquias, existindo un amplo entramado de pistas que deixan ben comunicadas tódalas parroquias e aldeas do Concello.
Existen dúas pontes sobre o río Ulla que comunican as terras do Concello de Touro coas de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra. En Novefontes está a Ponte Basebe pola que pasa o chamado "Camiño Real" que vai dende Fonte Díaz e pasa pola parte máis elevada da parroquia de Fao. O outro enlace de comunicación, preto da parroquia de Ribeira é a Ponte Remesquide que comunica con Santo Tomé de Obra (Vila de Cruces).

 

 





Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo