castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Corporación

Organización municipal: Acordos do Pleno da Corporación adoptados en sesión de 29 de xuño de 2011.

IV.- PROPOSTA SOBRE CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

             Dáse lectura á proposta para a creación da Xunta de Goberno Local, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia.

            Vistos os antecedentes e sometido a votación o asunto, o Pleno, por oito votos a favor, do grupo do PP, e tres abstencións, dos grupos do BNG e PS de G-PSOE, acorda:

             Primeiro.- A creación da Xunta de Goberno Local como órgano integrante da organización municipal e con todas as competencias que lle son inherentes e que, no seu caso, lle sexan delegadas conforme á lexislación vixente.

            Segundo.- A Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e tres concelleiros nomeados polo mesmo, de acordo co establecido no artigo 23 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local.

            Terceiro.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias dúas veces ao mes, cun intervalo de quince días, no horario que determine o Alcalde. Así mesmo celebrará as sesións extraordinarias que sexan convocadas polo señor Alcalde de conformidade co establecido na lexislación vixente.

            Cuarto.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor.

V.- POSTA EN COÑECEMENTO, NO SEU CASO, DA RESOLUCIÓN DO ALCALDE SOBRE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGADOS DA ALCALDÍA.

             Dada conta da resolución do Alcalde de data 29 de xuño de 2011, en relación co nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local e dos delegados da Alcaldía; o Pleno dáse por informado da citada resolución, que transcrita literalmente di:

“De conformidade co establecido na Lei 7/1985 e habendo sido aprobada polo pleno a creación da Xunta de Goberno Local polo Pleno do Concello, RESOLVO:

            Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros seguintes:

            -          D. Eugenio Elisardo Montero Valiño.

            -          D. Jesús Martínez Pereira.

            -          D. Alfredo Souto Castelo.

           Segundo.- En aplicación do establecido no artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, designar tenentes de Alcalde ós seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

            -          Primeiro Tenente de Alcalde: D. Eugenio Elisardo Montero Valiño.

            -          Segundo Tenente de Alcalde: D. Jesús Martínez Pereira.

            -          Terceiro Tenente de Alcalde: D. Alfredo Souto Castelo.

           Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril:

            a) A aprobación da oferta de emprego público, de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, a aprobación das bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, competencia incluída dentro de artigo 21.1,g).

             b) Delegar, así mesmo, as competencias establecidas nos apartados j, n, ñ, o, p, q) do mencionado artigo 21.1.

            c) Delegar, ademais, o desenvolvemento da xestión económica de acordo co presuposto aprobado e a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia, coa excepción da aprobación daqueles gastos que correspondan por razón da contía á Xunta de Contratación e Compras e de aqueles outros que polas necesidades da xestión municipal no poida demorarase a súa aprobación, execución ou contratación, por razón do funcionamento operativo dos servicios.

            Cuarto.- Designar delegados da Alcaldía ós seguintes concelleiros nas materias que se relacionan a continuación:

            - Delegado de obras, servicios e urbanismo: D. Eugenio Elisardo Montero Valiño.

            - Delegado de cultura: D. Jesús Martínez Pereira.

            - Delegado de servizos sociais, igualdade de xénero e familia: D. Alfredo Souto Castelo.

            - Delegado de educación e  deportes: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

            - Delegada de promoción do emprego e turismo: Dª María Josefa Codesido Barreiro.

            - Delegado de agricultura e medio ambiente: D. Manuel Puga García.

            - Delegado de facenda: D. Raúl Maximino Míguez López.

            Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, a vinte e nove de xuño de dous mil once.”

VI.- PROPOSTA SOBRE CREACIÓN DA XUNTA DE CONTRATACIÓN E COMPRAS.

            De conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, punto catro da Lei 30/2007 de 30 de outubro de contratos do sector público, proponse ao Pleno a creación da Xunta de Contratación e Compras, que, de conformidade coa mencionada disposición, terá a seguinte composición e competencias.

            Vistos os antecedentes e sometido a votación, o Pleno, por oito votos a favor, do grupo do PP, e tres abstencións, dos grupos do BNG e PS de G-PSOE, acorda:

            Primeiro.- A constitución da Xunta de Contratación e de Compras, de conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, punto catro da Lei 30/2007 de 30 de outubro de contratos do sector público, que terá a seguinte composición e competencias:

            1. A Xunta de Contratación e de Compras terá por obxecto a aprobación, actuando como órgano de contratación nos contratos de obras que teñan por obxecto traballos de reparación simple, de conservación e de mantemento; nos contratos de subministros os que se refiran a bens consumibles ou de fácil deterioro polo uso e nos contratos de consultoría, asistencia e nos de servizos, ata un límite máximo 2.000 euros por cada obra, servizo ou subministro que se aprobe. A Xunta de Contratación e Compras aprobará as facturas, propostas de gasto, etc., autorizando, comprometendo e obrigando o gasto correspondente, dando conta á Xunta de Goberno Local dos acordos adoptados.

            2. A Xunta de Contratación e de Compras estará formada polo Alcalde, que a presidirá, e catro concelleiros nomeados polo mesmo de entre aqueles que ostenten delegacións de carácter específico, actuando como secretario o Secretario-Interventor do Concello.

            3. A Xunta de Contratación e de Compras celebrará sesións ordinarias dúas veces por mes, cun intervalo de quince días, e as extraordinarias que sexan convocadas polo Alcalde de conformidade coas regras establecidas con carácter xeral para os órganos colexiados da Corporación.

             Segundo.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.

 

CORPORACIÓN MUNICIPAL

 

Alcalde:

 

IGNACIO CODESIDO BARREIRO

 

Concelleiros:

 

ALMUDENA DEL MAR CASTRO QUINTÁS

MARÍA JOSEFA CODESIDO BARREIRO

ADELA ISABEL IGLESIAS TOJO

JESÚS MARTÍNEZ PEREIRA

RAUL M. MÍGUEZ LÓPEZ

EUGENIO E. MONTERO VALIÑO

MANUEL PUGA GARCÍA

JOSÉ LUÍS SIMÓN NEIRA

ALFREDO SOUTO CASTELO

JOSÉ MARÍA VILAS RAVIÑA  


 

GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS

 

Grupo municipal do Partido Popular (PP):

 

Ignacio Codesido Barreiro (Alcalde) 

D. Eugenio Elisardo Montero Valiño (Portavoz)

María Josefa Codesido Barreiro

Adela Isabel Iglesias Tojo

Jesús Martínez Pereira

Raúl M. Míguez López

Mnuel Puga García

Alfredo Souto Castelo


Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG)

 

 José María Vilas Raviña (Portavoz)

Almudena Del Mar Castro Quintás

 

Grupo municipal do Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSG-PSOE)

 

 José Luis Simón Neira

 

PERIODICIDADE DE SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO



Os plenos ordinarios celebraranse o último venres do terceiro mes do trimestre natural, ás 13:30 horas.

 

TENENTES ALCALDES

 

 Primeiro Tenente de Alcalde: Eugenio Elisardo Montero Valiño

Segundo Tenente de Alcalde:Jesús Martínez Pereira

Terceiro Tenente de Alcalde: Alfredo Souto Castelo

 

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 

- Ignacio Codesido Barreiro

- Eugenio Elisardo Montero Valiño

- Jesús Martínez Pereira

- Alfredo Souto Castelo

 

XUNTA DE CONTRATACIÓN E COMPRAS

 

Presidente: Ignacio Codesido Barreiro

Vocais......: Manuel Puga García

                Raúl Maximino Míguez López

                Adela Isabel Iglesias Tojo

                María Josefa Codesido Barreiro

Secretario: José Antonio Gómez Pedreira

 

DELEGADOS DA ALCALDÍA



Delegado de obras, servicios e urbanismo:

 

- Eugenio Elisardo Montero Valiño.

 

Delegado de cultura:

 

- Jesús Martínez Pereira

 

Delegado de servicios sociais, igualdade de xénero e familia:

 

- Alfredo Souto Castelo

 

Delegado de agricultura e medio ambiente:

 

- Manuel Puga García

 

Delegado de Facenda:

 

- Raúl Maximono Míguez López 

 

Delegado de educación e deportes:

 

- Adela Isabel Iglesias Tojo

 

Delegado de promoción do emprego e turismo:

 

- Mª Josefa Codesido Barreiro

 

COMISIÓNS INFORMATIVAS

 

Comisión de obras, servizos e urbanismo

 

Presidente: Eugenio Elisardo Montero Valiño

Vocais.....: Jesús Martínez Pereira

                  Alfredo Souto Castelo

                  Manuel Puga García

                  José María Vilas Raviña

                  Almudena Del Mar Castro Quintás

                  José Luis Simón Neira

 

Comisión de cultura

 

Presidente: Jesús Martínez Pereira

Vocais.....:  Adela Isabel Iglesias Tojo

                 Manuel Puga García

                 Mª Josefa Codesido Barreiro

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                 José Luis Simón Neira

 

Comisión de servicios sociais, igualdade de xénero e familia

 

Presidente: Alfredo Souto Castelo

Vocais.....:  Adela Isabel Iglesias Tojo

                 Jesús Martínez Pereira

                 Raúl Maximino Míguez López

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                 José Luis Simón Neira

                                                                                            

Comisión de agricultura e medio ambiente

 

Presidente: Manuel Puga García

Vocais.....:  Raúl Maximino Míguez López

                 Eugenio Elisaro Montero Valiño

                 Mª Josefa Codesido Barreiro

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                 José Luis Simón Neira

 

Comisión de facenda e especial de contas

 

Presidente: Raúl Maximino Míguez López

Vocais.....:  Jesús Martínez Pereira

                 Alfredo Souto Castelo

                 Adela Isabel Iglesias Tojo

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                 José Luis Simón Neira

 

Comisión de educación e deportes

 

Presidente: Adela Isabel Iglesias Tojo

Vocais.....:  Manuel Puga García

                 Eugenio Elisaro Montero Valiño

                 Mª Josefa Codesido Barreiro

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                 José Luis Simón Neira

 

Comisión de promoción do emprego e turismo

 

Presidenta: Mª Josefa Codesido Barreiro

Vocais.....:  Raúl Maximino Míguez López

                 Eugenio Elisaro Montero Valiño

                 Alfredo Souto Castelo

                 José María Vilas Raviña

                 Almudena Del Mar Castro Quintás

                José Luis Simón Neira

 

 

REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS



Adela Isabel Iglesias Tojo (Colexio Público de Touro)

 

 

 





Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo